Actividades



Taller de comunicación



Os alumnos do segundo e terceiro ciclo participaron, o pasado 10 de marzo, nunha actividade na que o principal obxectivo foi acadar e adquirir recursos que lles axudaran a mellorar a súa maneira de expresarse ( oralmente, por escrito, con xestos...), é dicir, mellorar a súa comunicación.

Levouse a cabo no centro, e tivemos o privilexio de que colaboraran con nós tres "expertos" comunicadores, cada un no seu campo: Manuel Reigosa ( xornalista do diario "La Voz de Galicia"), Luis Pardo ( xornalista da Cadena Ser ) e Moncho Fernández ( adestrador do Obradoiro  C.A.B.).

A partires dunhas claves para ter maior éxito cando queremos comunicar algo, ofrecidas polos expertos, os alumnos comezaron a escribir unha serie de historias cuns condicionantes xa dados ( personaxes e escenarios ). Tratamos de que se traballara o desenvolvemento da creatividade, a descrición, a exposición ou argumentación, todo isto a través do traballo cooperativo.

Os nenos estiveron moi motivados durante toda a actividade, e a naturalidade, cercanía e entusiasmo dos expertos, contaxiaron aínda máis se cabe aos alumnos , o que provocou que traballaran con moito ímpetu.

Logo de rematar as historias, cada grupo levou a cabo unha exposición no Salón do colexio. Ademais de ler as historias, fíxose referencia a outros aspectos relacionados coas experiencias vividas esa tarde. Posteriormente deuse por clausurada a actividade.  O proceso de avaliación non está rematado, pero podemos afirmar que a actividade  resultou un grande éxito. Os alumnos traballaron dun xeito diferente ao tradicional, traballando nun ambiente no que se combinaron esforzo, divertimento e aprendizaxe.

Dende o Colexio "Juventud" e Palabreamos, queremos agradecer novamente a Manuel Reigosa, Luis Pardo e Moncho Fernández, a súa colaboración e entusiasmo, que deixou pegada, tanto en forma de aprendizaxes adquiridos coma de sensacións transmitidas.









1 comentario:

  1. Me pareció muy interesante porque aprendí a escribir una historia en un tiempo límite.

    ResponderEliminar