Historias de "Juventud"

HISTORIAS DE "JUVENTUD"

O pasado curso, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria do noso colexio, iniciaron un proxecto innovador chamado "Historias de Juventud".
O proxecto naceu a partir dunha idea do mestre de Educación para a Cidadanía, que propuxo aos alumnos traballar dun xeito novo e diferente. A idea estaba baseada en traballar os contidos propios da materia de Cidadanía a través das aventuras das personaxes ( monicreques ) que os propios compañeiros diseñaron e construiron. Esas aventuras foron escritas tamén polos alumnos, que da mesma maneira pintaron e modelaron escenarios e outros materiais que precisaron para a serie.
Foi unha maneira de traballar divertida e diferente. Aprenderon a traballar mellor en grupo e a colaborar uns cos outros. Ademais escribiron historias que trataban sobre a amizade, a colaboración, o perdón, a axuda os desfavorecidos...e aprenderon moito sobre estes temas tan importantes.
Aínda que o que se "ve" ao final de todo o proceso é un episodio da serie, o traballo que hai que facer ata que queda rematado é moito e leva bastante tempo.
As materias que se traballan dende o proxecto son Educación para a Cidadanía, Lingua Galega e Educación Artística. De todos modos tamén podemos relacionar o resto das materias co proxecto. 
Este ano, decidimos continuar o traballo iniciado polos nosos compañeiros e realizar e gravar unha nova tempada. Levamos tempo traballando e agardamos que en breve estean gravados os dous primeiros episodios. Haberá novos personaxes, escenarios e novas sorpresas.
Deixamos a continuación un episodio gravado polos nosos compañeiros do curso pasado. Disfrutádeo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario