Proxectos



Proxecto Recollida Tapóns


O ano pasado, os compañeiros de sexto de primaria recadaron tapóns coa axuda de todos os demais cursos do centro. Foron moitos os que se xuntaron e entregaron na Cruz Vermella para que, co noso pequeno esforzo, alguén puidera ter a axuda necesaria para completar o pagamento dun tratamento, ou mesmo dunha operación.

Os alumnos e alumnas de quinto de Educación Primaria quixemos este ano repetir o proxecto  para axudar a algúns nenos ou persoas que necesitan unha operación ou pagar o tratamento dunha enfermidade. Parécenos moi inxusto e, por iso, imos tratar de recoller todos os tapóns que poidamos para axudar.

Todas as semanas recolleremos nas aulas os tapóns que os compañeiros traian os días anteriores e os almacenaremos. Cando teñamos moitos os entregaremos a unha asociación que os recolla para vendelos e así poder obter os cartos necesarios para o noso fin.

Antes de empezar a recoller, quixemos presentar o proxecto ao resto dos compañeiros. Fixemos dúas cousas diferentes para anímalos a participar e para que se decataran da axuda  que podemos prestar a alguén xuntando os tapóns : 

Aos nenos e nenas de Ed. Infantil e primeiro ciclo de Ed. Primaria, contámoslles un conto escrito e ilustrado por nós mesmos. Nese conto varios animais axudábanse entre sí para que un amigo puidera curarse dunha enfermidade. Por suposto, recollían tapóns para acadar o seu o seu obxectivo. 


Para o resto ( segundo e terceiro ciclo de primaria) decidimos escribir e representar unha obra de teatro. Neste ocasión, o protagonista era un rapaz que, tras sufrir un accidente, precisaba dunha operación. O problema, que esa operación era demasiado cara e non tiña cartos suficientes, pero coa axuda dos seus amigos e da recollida de tapóns, logrou operarse e solucionar o seu problema.


Agardamos que todo o mundo aporte todos os tapóns que poida, pensade que cun xesto sinxelo e con pouco esforzo podemos axudar moito a algunha persoa que o precise. Así qué xa sabedes,animádevos e colaborade!!!!!






1 comentario:

  1. Me gustóu a obra de teatro porque: era o conductor, tenía que ver ca recollida de tapóns e tenía un volante. Cando Xulia, Aimara e Sara estaban leendo había un nano así D-:

    ResponderEliminar