jueves, 30 de enero de 2014

Estamos de estrea!


Neste espazo, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria do Colexio "Juventud", amosaremos e compartiremos con todos vós algunhas actividades e tarefas que levamos a cabo na mesma.
Para que non se faga tan aburrida, estamos traballando en proxectos, exposicións, traballos grupais...e actividades novedosas e motivantes para nós, nas que aprendemos dun xeito máis natural.
Este blog non o publicamos para perder clase, senón que o facemos para seguir aprendendo dun xeito diferente e que nos gusta máis. Iremos contando as nosas experiencias nalgunhas actividades que non teñen que ver co traballo máis "tradicional" co libro de texto.
Imos referirnos a actividades relacionadas con varias materias, e usaremos tanto o galego coma o castelán nas nosas publicacións. Deste xeito cremos que será máis rico para todos.
Agardamos que vos guste e, sobretodo, que vos animedes a 
opinar e participar.
Unha aperta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario