viernes, 9 de febrero de 2018

Poñendo en marcha o entroido

Pois xa está aquí o entroido´18!!!! E, coma non podía ser doutra maneira, nestas últimas semanas, viñemos desenvolvendo nas aulas todo o traballo relacionado coa produción dos disfraces.
 
Como xa seguramente sabedes, dende hai algúns anos, o Claustro de mestres/as acorda un tema no que centrar todo o proxecto do Entroido. Sempre tratamos de que este tema estea relacionado co currículo e, polo tanto, con contidos que os nenos van traballar nas aulas. 
Este ano decidimos partir de civilizacións antiguas na historia da humanidade. E dende este punto acordamos traballar con Exipto, Grecia, Roma, pobos xermánicos e do norte de Europa e castrexos, por identidade directa coa nosa terra.
Unha vez decidido o tema comezamos a planificar en cada curso os roles e papeis a representar en cada unha das civilizacións. E a partires dese intre, a elaborar cada un dos traxes e complementos necesarios para convertirnos en exipcios, gregos, romanos, castrexos...etc.


Nos cursos de 5º e 6º estivemos traballando, tanto mestres coma alumnado, na confección dos traxes, construción de escudos e armas, deseño e debuxo de logos castrexos, instrumentos do agro..etc









As aulas convertíronse estas datas en grandes "talleres creativos", e pasámolo xenial traballando para o "gran día". 



E, afortunadamente, hoxe venres puidemos saír a rúa e mostrar ao barrio enteiro todo o traballo que fixemos e, especialmente, a divertirnos moito cos nosos compañeiros e mestres. Tamén coas familias que pudieron acompañarnos ao longo do recorrido, que este ano foi un pouco más curto por mor das condicións climatolóxicas ( non chovía e mesmo asomaba o sol, pero facía unha tarde fresquiña ).



Ademais no cole agardaban por nós todo tipo de lambetadas e manxares destas datas, amablemente elaborados polos pais, nais, avoas e demais artistas da cociña. Debemos dicir que estaba todo tan rico que non quedaron nin as faragullas das rosquillas, orellas, bolos de vento, filloas...etc. 
Moitas grazas!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario